Acerca de min


Gillermo Borja, psiquiatra e terapeuta gestáltico, dicía que se a crise se presenta é o momento de dárlle a cara ao non resolto en nós. E de aí procede o meu contacto inicial coa terapia gestalt, primeiro como paciente, camiñando e coñecendo mapas que agora ofrezo aos clientes, e máis tarde como profesional, formándome na escola de terapia gestalt de Guibor. Creo que só coa propia vivencia un pode converterse en experiencia palpable, e polo tanto inferir a empatía e confianza imprescindibles para que o paciente poida prescindir das defensas que manteñen a neurose, a insatisfacción e a incapacidade de vivir en paz. 
Traballo con presenza e técnica, desde a responsabilidade e o compromiso compartidos, non só para curar síntomas senón aproveitando estes para atoparmos e sanarmos  a ferida que os provoca, promovendo a integración das partes alienadas de nós mesmos que desde a sombra imposibilitan o benestar. 

A experiencia docente (profesora e titora) con alumnado de centros concertados e públicos desde hai xa máis de dez anos apórtame un coñecemento máis directo dos adolescentes e das súas problemáticas, dificultades emocionais ou falta de hábitos que impiden o rendemento académico pleno ou unha maduración sana. Isto, combinado cunha mirada e técnicas terapéuticas,  permíteme acompañalos a eles e ás súas familias para axudalos na busca de alternativas que permitan dar resposta a temas vitais que lles afectan.


Actualmente son membro adherente da AETG.


FORMACIÓN:
  •   Filoloxía (Universidade de Santiago de Compostela)
  •   Terapia Gestalt ( Escola de Terapia Gestalt Guibor –Santiago de Compostela)
  •   Psicoterapia Transpersonal e Integrativa-Programa SAT de Claudio Naranjo ( Inclúe Psicoloxía dos   Eneatipos, Proceso de sanación de relación familiares e sociais, Dinámica de grupos e relación interpersoais, teatro terapéutico, traballo psico-corporal e técnicas de expresión corporal, entrenamento terapéutico e supervisión, respiración consciente e técnicas e prácticas de Atención e Meditación no contexto budista)
AMPLIANDO FORMACIÓN:
  •  Psicoloxía (UNED)
  •  Titora de grupos en Formación en Terapia Gestalt (Guibor).